Thursday 02 de May de 2024

II Trofeo de Atletismo de Ribeira


O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, presentou xunto a Clara Millares, do Club El Canario, o II Trofeo de Atletismo de Santa Uxía de Ribeira que se celebrará o vindeiro sábado 13 no Complexo Deportivo A Fieiteira en horario de mañá.

Segundo explicou Clara Millares, terán lugar 7 carreiras de fondo, medio fondo e velocidade, nas que competirán nenos e nenas dende sub-10 ata categoría máster; e tamén haberá unha proba de lanzamento de peso. “Esperamos comezar a temporada con bo pé e mellorar marcas de cara aos campeonatos galegos que se disputarán proximamente” afirmou Millares.
Neste torneo organizado pola sección de atletismo da Escola de Boxeo ‘El Canario’ xa hai máis de 50 inscritos; e terán participación o Club el Canario e tamén o Club Atletismo de Santa Uxía de Ribeira, así como tamén outros deportistas de toda Galicia.